sábado, 8 de febrero de 2014

Caladiño falando sobre os irmandiños


O da foto (que non é miña, saqueina de internet), é o irmán do meu avó paterno, chámase Roberto Casteleiro, é historiador e traballou como profesor no politécnico de Ferrol. É coñecido como "Caladiño", polo personaxe que interpreta na película Sempre Xonxa. Aquí deixovos o enlace a película (eu non a vin completa, so vin partes cando era moi pequeno). Él aparece xa na primera escena:



O mércores de esta semana invitoume a min e mais a miña familia a comer nun bar de Esteiro, e de repente empezou a falar dun tal Manolo, un home que había mais duns quince anos que non vira e que lle había dito que tiña que mirar o periódico porque habíanlle entrevistado por razón do seu método de realizar as clases. Supoño sonaravos de algo.

Así que como é historiador, como dixen antes, ocurriuseme pedirlle que me falara un pouco do tema dos irmandiños, xa que anos atrás habíame regalado unha obra de teatro deDaniel Cortezón do mesmo nome, na cal fala na entrevista, porque levouno ó teatro xunto co autor da mesma. Este e o libro:


Aquí, nesta foto, unha dedicatoria que fíxome na primeira páxina do libro:


A entrevista lla fixen nun audio co teléfono e a calidade non é que sexa para tirar foguetes:escoitase música por detrás, o camareiro irrumpiu na conversa unhas cantas veces, etc.

Escoitade a entrevista aquí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario